No programa de hoxe falaremos co alumno de percusión e da optativa de produción Anxo Eitor Caamaño, quen nos falará sobre a súa faceta de picadiscos (DJ) e dos seus proxectos de futuro.
Comezamos segunda tempada do pódcast recibindo a dúas das laureadas alumnas de acordeón do centro, Laura Cabo e Sabela Rey, que compartirán con nós as súas vivencias e realizarán unha demanda ás luces de Vigo.
Neste programa faremos reconto de todos os proxectos que realizou este curso o alumnado da nova optativa do centro "Interpretación e produción da música folk, pop e novas músicas". Ademais tocarán en directo un dos temas que traballaron este curso.
Neste programa charlaremos con Luísa Villalta (Cecilia Martínez) e escoitaremos á Orquestra Júnior do Conservatorio.
Programa gañador do VI concurso de pódcast "Radio na Biblio" da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.
Hoxe conversamos dende Suecia co noso alumnado Candela Teijeira, Helena Fernández e Andrea Cangeri, que están visitando a Uppsala Kulturskola, acompañados polo noso Xefe de Estudos Javier González Lamas, dentro das actividades do programa Erasmus+ KA121 2023-2024.
Hoxe coñeceremos a faceta artística da profesora de guitarra Antía Muíño. Repasaremos a súa traxectoria, falaremos de compatibilizar docencia e escena e escoitaremos o seu último sinxelo.
Hoxe conversamos co guitarrista, compositor e profesor portugués André B. Silva, experto convidado do programa Erasmus +, co que pasamos unha semana chea de clases maxistrais, concertos e moita improvisación.
No programa de hoxe falaremos coa profesora Cecilia Martínez e o profesor e secretario do centro Ángel Montes sobre as xornadas de portas abertas "Coñece o noso conservatorio; coñece o teu conservatorio" así como de todo o relacionado coas probas de acceso ao centro. Tamén desmontaremos mitos sobre os conservatorios.
Neste programa, a "organización secreta" En Clave Morada falaranos da nutrida semana de actividades do 8M.
Hoxe, dende a aula de acordeón, a profesora Nerea Rodríguez preséntanos a Alejandra e Laura, dúas das súas laureadas alumnas, que compartirán con nós vivencias dos concursos e certames.
Dende a aula de violoncello falamos coa profesora Isabel Figueroa sobre Soncello, a asociación de violoncellistas de Galicia, que esta semana celebra no centro a súa IX xuntaza.
Hoxe falamos dende a garita dos conserxes con Alberto sobre a labor do PAS (Persoal de Administración e Servizos) do centro.
No programa de hoxe falamos con varios integrantes do club enxeñar dende a sala de lectura da biblioteca.
No programa desta semana visítanos a profesora de Gaita e coordinadora do equipo de EDLG do centro Rebeca Carrera, coa que falaremos do galego e do Samaín entre outras cousas.
No programa desta semana visítanos a profesora de Gaita e coordinadora do equipo de EDLG do centro Rebeca Carrera, coa que falaremos do galego e do Samaín entre outras cousas.
Presentación do novo podcast do CMUS Vigo.
Despois das novas do centro, conversamos co profesor do centro Antonio Rodríguez e falamos do bombardino.