Hoxe celebramos a semana das Letras Galegas do centro coa visita de Luis Prego, figura referente na recuperación e divulgacion das nosas tradicións.
No programa de hoxe coñeceremos a varias integrantes do Club Enxeñar, quenes adiantarán en exclusiva, e por segundo ano, algúns detalles sobre a nova produción que estrearán a finais deste curso.
No programa de hoxe as compañeiras Rebeca Carrera e Susana Pérez, do colectivo En Clave Morada, explícannos día a día as actividades da semana da igualdade. Tamén falaremos sobre as propostas para entroido que temos no conservatorio.
Hoxe visítanos profesorado dende Uppsala dentro do marco das actividades do programa Erasmus+. Charlaremos, ensinarémoslles algunhas palabras básicas do galego e coñeceremos as súas recomendacións musicais.
No programa de hoxe falaremos co alumno de percusión e da optativa de produción Anxo Eitor Caamaño, quen nos falará sobre a súa faceta de picadiscos (DJ) e dos seus proxectos de futuro.
Comezamos segunda tempada do pódcast recibindo a dúas das laureadas alumnas de acordeón do centro, Laura Cabo e Sabela Rey, que compartirán con nós as súas vivencias e realizarán unha demanda ás luces de Vigo.
Neste programa faremos reconto de todos os proxectos que realizou este curso o alumnado da nova optativa do centro "Interpretación e produción da música folk, pop e novas músicas". Ademais tocarán en directo un dos temas que traballaron este curso.
Neste programa charlaremos con Luísa Villalta (Cecilia Martínez) e escoitaremos á Orquestra Júnior do Conservatorio.
Programa gañador do VI concurso de pódcast "Radio na Biblio" da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.
Hoxe conversamos dende Suecia co noso alumnado Candela Teijeira, Helena Fernández e Andrea Cangeri, que están visitando a Uppsala Kulturskola, acompañados polo noso Xefe de Estudos Javier González Lamas, dentro das actividades do programa Erasmus+ KA121 2023-2024.
Hoxe coñeceremos a faceta artística da profesora de guitarra Antía Muíño. Repasaremos a súa traxectoria, falaremos de compatibilizar docencia e escena e escoitaremos o seu último sinxelo.
Hoxe conversamos co guitarrista, compositor e profesor portugués André B. Silva, experto convidado do programa Erasmus +, co que pasamos unha semana chea de clases maxistrais, concertos e moita improvisación.
No programa de hoxe falaremos coa profesora Cecilia Martínez e o profesor e secretario do centro Ángel Montes sobre as xornadas de portas abertas "Coñece o noso conservatorio; coñece o teu conservatorio" así como de todo o relacionado coas probas de acceso ao centro. Tamén desmontaremos mitos sobre os conservatorios.
Neste programa, a "organización secreta" En Clave Morada falaranos da nutrida semana de actividades do 8M.
Hoxe, dende a aula de acordeón, a profesora Nerea Rodríguez preséntanos a Alejandra e Laura, dúas das súas laureadas alumnas, que compartirán con nós vivencias dos concursos e certames.
Dende a aula de violoncello falamos coa profesora Isabel Figueroa sobre Soncello, a asociación de violoncellistas de Galicia, que esta semana celebra no centro a súa IX xuntaza.
Hoxe falamos dende a garita dos conserxes con Alberto sobre a labor do PAS (Persoal de Administración e Servizos) do centro.
No programa de hoxe falamos con varios integrantes do club enxeñar dende a sala de lectura da biblioteca.
No programa desta semana visítanos a profesora de Gaita e coordinadora do equipo de EDLG do centro Rebeca Carrera, coa que falaremos do galego e do Samaín entre outras cousas.
No programa desta semana visítanos a profesora de Gaita e coordinadora do equipo de EDLG do centro Rebeca Carrera, coa que falaremos do galego e do Samaín entre outras cousas.
Presentación do novo podcast do CMUS Vigo.
Despois das novas do centro, conversamos co profesor do centro Antonio Rodríguez e falamos do bombardino.